El rincón de los silencios
- INV:
- 3873
- Año de creación:
- 1983
- Dimensiones:
- 104 x 81 x 0
- Técnica:
- óleo sobre lenzo
Comentarios
Esta obra pertence a un dos maiores homes do surrealismo, Eugenio Granell. Excelente debuxante, que crea cunha técnica minuciosa, ambientes de gran beleza plástica. Unha obra influída polos lugares onde viviu, fusión da cultura española e americana.A composición está formada por dous personaxes, un home e unha muller, ataviados con vistosos traxes que destacan sobre un fondo que podería ser unha estancia. Figuras con formas irregulares, pezas pequenas que conviven con outras de maior tamaño para lles dar forma a seres estraños. As cores son vivas e rutilantes cun predominio de cores quentes, como o vermello e o amarelo, en diálogo con cores frías, como o azul e o verde. O negro, cor cun papel principal, resérvase para delimitar e vertebrar as imaxes, ligar unhas pezas a outras.
A fantasía aflora e crea dous personaxes que se intúen a través de formas sacadas do interior do corpo humano. Figuras sólidas e inmóbiles, cunha disposición que parece sacada dunha escena de teatro. Un universo propio onde a poesía xermola e descobre personaxes irrecoñecibles.