La era de la incomunicación

- INV:
- 4119
- Año de creación:
- 2006
- Dimensiones:
- 200 x 250 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
A obra de Jano Muñoz é reflexiva e conceptual e está inmersa no hiperrealismo. Este retrato demostra os dotes dun pintor que ten un dominio total do debuxo e unha técnica impecable.Seis personaxes mostran, a través da súa mirada, unha vida distinta. A era da incomunicación, diferentes xeracións nunha mesma sala que non teñen que dicirse, todos con expresións ausentes, ninguén mira a ninguén, actitudes e pensamentos distintos. Unha imaxe que semella unha fotografía e que revela as calidades dun pintor que manexa con precisión o pincel.
Sobrio nas cores, ningunha destaca máis ca outro, conseguindo volumes que envolven a imaxe nun halo poético. Só a través das luces e das sombras, os rostros intensifícanse descubrindo detalles da súa personalidade.
O trazo é firme, sen dar lugar a ningún erro. Utiliza o pincel con suavidade e elegancia, creando veladuras e matices que estremecen. Escolle a luz para crear ambientes de gran beleza formal que lle deixan resaltar aquilo que máis lle interesa salientar.
Exposiciones
Exposición “Espazo Colección Caixanova”, no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición "Jano Muñoz" na la Sala I do Centro Social Caixanova en Vigo, do 10 de outubro ao 17 de novembro de 2007.