Bromas de aldea
Comentarios
Profundamente vencellado ós costumes populares, capta o ambiente dunha escena de aldea, na que ó ritmo da gaita, tambor e bombo, os xigantes desfilan, uns nenos bailan e outros fan bromas dende o palco. As figuras aproxímanse unhas a outras, e semella que son empurradas dende atrás, impoñendo os seus volumes fóra do marco da tea.A mobilidade dos nenos contrasta cos rostros cansos e sen esperanzas dos xigantes, cunhas cabezas que se recortan ó trasluz, facendo referencia a unha profundidade escasa, pero vigorosamente realzada pola corporeidade das figuras. A luz refléctese sobre as teas e os rostros. Ocres, pardos, brancos e negros con toques avermellados son as cores que utiliza.
Exposiciones
"Laxeiro". 1930/1980". Sala de Exposiciones del Aula de Cultura Caixanova en Ourense. Ourense. Do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2002. Sala de Exposicións Caixanova. A Estrada. Pontevedra. Do 28 de febreiro ao 31 de marzo de 2002.Casa do Escudo. Verín. Ourense. Do 4 de abril ao 5 de maio de 2002. Palacio de la Música. Ponteareas.Pontevedra. Do 9 de maio ao 3 de xuño de 2002. Museo Provincial de Lugo. Lugo. Do 6 ao 30 de xuño de 2002. Sala de Exposicions do Auditorio Municipal Carmen Estevez. Villalba. Lugo. Do 4 de xulio ao 18 de agosto de 2002. Sala Municipal de Exposicions San Francisco. Viveiro. Lugo. Do 22 de agosto ao 22 de setembro de 2002. Sala de Exposicións Antón Rivas Briones. Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Do 27 de setembro ao 27 de outubro de 2002. Sala de Exposicións do Teatro Coliseo Noela. Noia. A Coruña. Do 31 de outubro ao 24 de novembro de 2002. Museo Manuel Torres. Marín. Pontevedra. Do 28 de novembro ao 25 de decembro do 2002. Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago". Culleredo. A Coruña. Del 2 de enero al 2 de febrero de 2003.
"Tino Grandío. Pintando coas brumas." Museo de Belas Artes da Coruña. A Coruña. Novembro 2005- Febreiro 2006.