• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Hombres

ALFONSO SUCASAS

Hombres
INV:
723
Año de creación:
1988
Dimensiones:
120 x 100 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Interiores de taberna ou cafés son un dos temas que repite o artista. Un grupo de cinco homes amparados polos rectángulos dunha cristaleira centran o fragmento dun espacio que se prolonga mais alá do cadro. As figuras, perfectamente individualizadas, gravitan unhas sobre as outras tendendo a se amorearen. Cada perfil e cada sombra ten un tremor emotivo que se transmite nun movemento encadeado que fai que as liñas dun corpo busquen a continuidade no outro. Marróns, amarelos e grises xogan con verdes, brancos e trazos vermellos e azuis repartidos por distintas zonas do cadro.

Bibliografía

F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade"

Exposiciones

"Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia Santiago. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.

"Exposición Antológica de Alfonso Sucasas", do 6 de agosto ó 5 de setembro de 1999 no Museo de Pontevedra.

 

Reproducciones

"Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX", catálogo co nº 88. "Entre a tradición e a modernidade" catálogo da exposición co nº 50.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78