Astilleros de ilusiones II

- INV:
- 822
- Año de creación:
- 1974
- Dimensiones:
- 80 x 80 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Casas e barcos, respaldados por unha zona de area e unha estreita franxa de mar co horizonte en calma. Con debuxo sintético, de estructura xeométrica, articula formas, rimadas coa súa poética persoal, sen perde-las referencias espaciais entre os distintos elementos da paisaxe. As cores, suaves, con variacións tonais, intensifican o efecto abstracto da composición, con reminiscencias cubistas. Harmonía de ocres, alaranxados, marróns e verdes, cunha textura lisa de exquisito acabado.Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición"Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 12.
Exposiciones
"J. Solla" Antolóxica do 23 de marzo ó 19 de xuño de 1990, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo, dentro da serie "Grandes Artistas Gallegos". "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo,outubro, 1996.
"Espello do Mar". Museo do Mar de Galicia. Alcabre. Vigo. Do 30 de xullo ao 19 de outubro de 2003.