As agullas da Catedral
Comentarios
Dúas pezas soltas, puntiagudas, con perfís redondeados érguense verticalmente no espacio, sen referencia inmediata coa realidade pero en íntima dialéctica con ela. As pezas, cunha impecable tersura, brincan co contraste da tonalidade escura externa e a luz e o brillo da parte interna. Hai un certo misticismo nestes dous corpos escultóricos que teñen a posibilidade de abrir un diálogo entre eles ou de se fundiren nunha aperta, ofrecendo distintas perspectivas compositivas que tentan ó espectador a un xogo manipulativo, procurando novos espacios.
Exposiciones
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.