• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Pastoreando

ARBOIRO

Pastoreando
INV:
9141
Año de creación:
1980 - 1981
Dimensiones:
40 x 20 x 44
Técnica:
Bronce e madeira de buxo

Comentarios

A natureza, o material e o interese polos oficios antigos son os referentes do traballo deste artista ourensán motivado polo seu contorno.

Unha anciá pastoreando o seu rabaño de cinco ouvellas é unha excelente escusa para despregar a creatividade destacando a perfecta combinación entre o bronce e a madeira. O tocón convértese no soporte natural para densenvolver unha escena rural e campesiña, e o bronce capta os máis mínimos detalles das figuras, describindo sensacións de luz e de sombra.

O desexo do autor, cando retrata labores tradicionais, é chegar ata o máis pequeno motivo, ser didáctico, como el mesmo confesa, "son unha forma de dar testemuño da súa existencia e fágoo da maneira máis sinxela e directa".



EXPOSICIÓNS:

 

Exposiciones

"Esculturas de Florencio de Arboiro". 1982. Sala de Exposicións de Caixaourense, A Coruña.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78