Sin título

- INV:
- 9210
- Año de creación:
- 1996
- Dimensiones:
- 145 x 80 x 30
- Técnica:
- Granito y madeira de sauce
Comentarios
O tronco dunha árbore, cortada de forma que vémo-lo seu interior definido polos aneis da madeira, é o soporte dunha pedra cos extremos redondeados e cortes na súa parte central. As dúas pezas interrelaciónanse entre si, cunha poética de reconstrucción permitindo que, a través de cortes, se libere a frescura interna da materia que flúe e esvara polo espacio. O artista potencia a beleza natural dos elementos que utiliza contrapoñendo formas e texturas cun xogo no que se conxuga o arcaico e o sutil, o expresivo e o simbólico. O xestado intelectualmente e o que xa existe na natureza.Bibliografía
Johan Galtung "Reflexións sobre á violencia para constuir a paz" capítulo II del catálogo "Construir a paz, Cultura para a paz" Xerais 1996 reproducido na p. 149.Exposiciones
“Construír a paz, Cultura para a paz” itinerante por toda Galicia. Proxecto promovido polo grupo “Educadores por la paz” de Nova Escola Galega e Edicións Xerais, en 1996.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.