REDONDA

- INV:
- 9258
- Año de creación:
- 2001
- Dimensiones:
- 93 x 68 x 0
- Técnica:
- Poliéster e pigmentos
Comentarios
Cargada de ironía e frescura, a obra ofrece unha visión alternativa da escultura que sorprende pola súa nova relación co espazo e polo seu valor semántico, que vai máis alá da simple contemplación para seres, concibida como unha pregunta, como un interrogante.O formato redondeado, as grandes dimensións e a baixa altura, obriga o espectador a dirixir unha mirada dende o alto a unha forma que parece ancorada no chan coma un voluminoso elemento arquitectónico xerador de espazo ó seu arredor.
Aínda que defende que o seu material de traballo, é a pedra, o granito, nesta proposta Marcos Juncal interésase por un soporte que lle permite manipular as formas, facer gráficas as súas ideas xogando coa racionalidade, cos números en relevo dispostos circularmente na semiesfera, deseñando unha secuencia de díxitos sen orde —¿sen sentido?—, coa que o autor conceptualiza moitas das súas obras.
O máis destacado e intenso da peza é a súa cor, que remite de inmediato ó azul de Yves Klein pero, na concepción formal, recorda as creacións de Anish Kapoor ou a Mario Merz, nunha obra que pecha unha mensaxe oculta e parece querer representar a orde do universo.
Exposiciones
"Exposición Colectiva". Xullo de 2001. Galería Alameda, Vigo.
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultura Caixanoval. Vigo.