ÁRBOL LLORÓN

- INV:
- 9266
- Año de creación:
- 2002
- Dimensiones:
- 58 x 40 x 12
- Técnica:
- Xeso e vimbio
Comentarios
A verticalidade quebradiza do tronco de xeso contrasta coas poliñas de vimbio que debuxan curvas invertidas, lágrimas ecolóxicas máis vulnerables na súa nudez, na dura frialdade do inverno.
A pobreza do material forma parte esencial da proposta outorgándolle un aspecto anticlásico, artesanal, inxenuo, que, non obstante, non consegue oculta-la metáfora de fondo. A peza é unha idea, non responde á representación mimética dunha árbore. Persegue a plasmación da tristeza, da debilidade e a melancolía implícita na simboloxía da árbore chorona evocadora de nostalxia e morte acentuadas polo efémero dos compoñentes.