• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

TACONES PARA LA JUNGLA

ANA SOLER

TACONES PARA LA JUNGLA
INV:
9267
Año de creación:
2003
Dimensiones:
36 x 80 x 72
Técnica:
Forma de zapato de madeira, arame de cobre e láminas de cobre

Comentarios

A muller é o tema de fondo, a súa esencia maniféstase en forma de metonimia, de zapato que substitúe a súa presenza.

O zapato-femia sobrevive na xungla,  metáfora da cidade, do caos urbano representado a través dos arames que xorden, enmaráñanse e enrédanse arredor da forma de madeira expandéndose, ampliando o territorio de actuación da proposta.

A peza rompe cos convencionalismos e amósase coma unha imaxe, surrealista, fetichista que alude directamente ás vivencias do espectador. Esixe ser rodeada, contemplada dende múltiples puntos de vista para decidir se debería colgarse, expoñerse no chan ou sobre unha peaña de cristal, coa forma cara a baixo ou cara a arriba. Cada unha destas potenciais situacións abre infinitas posibilidades estéticas e visuais nunha creación viva, cambiante, nun obxecto case imposible. As follas soltas poden adoptar posicións variadas, é factible altera-la súa disposición no espazo co que se introduce o concepto de cambio, de mutabilidade e innovación impensable nunha escultura tradicional.

Exposiciones

“Ana Soler”. 2003. Galería Alameda Vanguardia. Vigo

“De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. Do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78