Sementar herba na leira

- INV:
- 9277
- Año de creación:
- 2000
- Dimensiones:
- 190 x 68 x 105
- Técnica:
- Madeira de samba policromada
Comentarios
Nesta obra de Silverio Rivas podemos observar a sinxeleza da peza, unha obra abstracta esencialmente vertical e xeométrica, sen artimañas nin artificios. Simplicidade nas formas que conseguen equilibrio e harmonía.Liñas puras nos dous volumes que integran a peza e que conxugan o rigor do construtivo e a flexibilidade móbil do orgánico. Curvas e ángulos rectos xeran unha forma suxestiva para unha obra conceptual que xorde da natureza buscando unha imaxe nova sen referencias inmediatas coa realidade.
A luz é un elemento envolvente que produce contrastes tanto no interior coma no exterior. O tratamento do material é impecable, con texturas tersas e pulidas perfectamente rematadas. Puntas pequenas e finas realizadas no mesmo material que o resto da peza alíñanse para protexer o interior. Destaca a cor azul, que lle ofrece ao material unha gran forza cromática que lle dá un sentido de gran lirismo.
Exposiciones
Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixanova "46 Grandes Artistas Galegos. Silverio Rivas. Esculturas". Do 7 de abril ao 8 de maio de 2005.
Sala de Exposicións I "Apeiros do s. XIX. Esculturas do s. XXI", no Centro Social Caixanova Vigo. De setembro a outubro de 2005.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.
Reproducciones
"46 Grandes Artistas Galegos. Silverio Rivas. Esculturas", páxina 13.
"Apeiros do s. XIX. Esculturas do s. XXI", páxina 63.
"De nova materia. Escultura contemporánea na Colección Caixanova", páxina 23.