• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

5 mans dereitas ou parábola da firmeza

ÁLVARO DE LA VEGA

5 mans dereitas ou parábola da firmeza
INV:
9291
Año de creación:
1998
Dimensiones:
0 x 0 x 0
Técnica:
Madeira e ferro

Comentarios

A escultura de Álvaro de la Vega está chea de forza e enerxía, evocación dun modelo cultural.
Conforman a obra cinco pezas en diferentes posicións que representan un fragmento do corpo humano, neste caso a man. Figuras estáticas que nos transportan a unha soidade vital e que crean unha atmosfera máxica que habita por enteiro o espazo.
Contundente e orgánico, o seu traballo relaciónase co material traballado, tallando con espontaneidade e violencia, para arrancar a golpes de machetadas a presenza que se encerra na madeira. A rudeza do acabado potencia o expresionismo da escultura.
Prescinde da base ou pedestal e sitúa a obra no chan, apropiándose do espazo que ocupa o espectador para forzar un diálogo entre ambos os dous.
A pegada do sufrimento e do tempo obsérvase nunhas mans que presentan cortes, feridas realzadas con algo de cor que nos mostran un universo aberto que serve como instrumento para denunciar diferentes aspectos da realidade social como a dor, a morte, o amor, a sexualidade, etc.

Exposiciones

Sala de Exposiciones I "Álvaro de la Vega" no Centro Social Caixanova Vigo. Do 3 ao 30 de abril de 2006.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

Reproducciones

"Álvaro de la Vega", páxinas 60,61.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78