Molido
- INV:
- 9293
- Año de creación:
- 1999
- Dimensiones:
- 203 x 208 x 64
- Técnica:
- Madeira policromada
Comentarios
Esta obra de Leiro foi realizada durante a guerra dos Balcáns, unha recreación do dramatismo que alí se respiraba en clave galega. Os protagonistas da peza fan referencia ao tema da piedade, unha nai leva sobre a súa cabeza o seu fillo morto, carréxao sobre un mulido (almofada que se pon sobre a cabeza para amortecer o peso da carga), tal e como o fan as mulleres do rural en Galicia.Estas figuras realizadas en madeira móstrannos a súa peculiar visión tráxica e, á vez, irónica da vida. A través dos golpes da gubia aparece unha forte linguaxe expresiva de formas sinxelas e elementais, á vez que rotundas e enérxicas, reforzadas por un material en estado bruto. Leiro resalta a parte orgánica da madeira e recréase nos seus nós e vetas.
A policromía desempeña un papel expresivo fundamental, xa que serve para definir as distintas partes da obra: unha figura masculina pintada de branco, matizada con tons amarelos e grises, en contraposición coas cores máis fortes da figura feminina, expresan a vida e a morte.
A monumentalidade, figuras colosais, é unha constante na obra de Leiro, ao igual que o arcaico, o mitolóxico e o simbólico.
Exposiciones
Exposición Pontevedra como inspiración na Colección Caixanova, no Centro Social Caixanova Pontevedra. Xullo - setembro 2006.
Exposición Espazo Colección Caixanova, no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.