• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

INTERIOR 2

MARCOS JUNCAL

INTERIOR 2
INV:
9306
Año de creación:
2007
Dimensiones:
40 x 220 x 10
Técnica:
madeira e poliéster

Comentarios

Unha estrutura vertical a xeito de marco contén centos de números no seu interior, que se amontoan, intentando manterse no seu lugar. Números sen orde, colocados sen sentido, amoréanse na súa caixa-colector esperando o seu momento para saír.

Unha visión persoal da escultura, onde o seu peculiar concepto dos materiais e da forma o leva a construír obxectos sinxelos, onde o número, peza clave na poética do artista, encerra unha mensaxe velada, un interrogante. Como di o artista: "Os números son a orixe de todo, a esencia da natureza. Todo está harmonicamente disposto e ordenado. Todo se pode traducir a números, todo se pode traducir a arte".

Harmonía e sobriedade nas cores que nos falan a través da súa simboloxía: o negro podería simbolizar o misterio, a morte e a ausencia da cor; non obstante, o gris é o centro de todo (tamén centro material da peza), xa que se atopa na transición entre o branco e o negro. Suxire neutralidade e indecisión, unha fusión de alegrías e penas, do ben e do mal.

Arte simplificada, elemental, de beleza estraña, pero cunha enorme forza plástica, onde as súas ideas radican no racional, ao mesmo tempo que conviven co caos.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78