Comentarios
O pintor evoca libremente un lugar visto ou soñado que enmarca cunha liña finísima de trazo espontáneo e desigual. Sumida na escuridade, xorde unha arquitectura vertical, inconcreta, de brancos e marelos, como unha metáfora de brillo da alba na cidade, ou coma luces balbucintes entre as casas da urbe misteriosa, remitindo ó espectador a un mundo visionario intimamente lírico. A materia, moi coidada, deixa sobre a tea referencias de xestos espontáneos.
Exposiciones
Bienal de Lalín de 1993.