• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

AMAYA BOZAL

Bozal Chamorro, Amaya

( Madrid, 1972 )

Biografía

Amaya Bozal formouse en Historia Antiga e en Filoloxía Clásica na Universidade Complutense de Madrid. Paralelamente acode a formarse en técnicas pictóricas na Academia Sotomesa e nos Obradoiros de Arte Actual promovidos polo Círculo de Belas Artes da capital española, onde ten oportunidade de coñecer a Manolo Valdés e a Miguel Ángel Campano. Como inspiración, a propia artista menciona os traballos de Goya, Rothko, Cézanne ou El Paso.

Ao longo da súa carreira compaxinou o seu labor de artista plástica co de tradutora. Así colaborou con diversas editoriais e foi tradutora independente para textos de carácter científico sobre arquitectura, filosofía, cerámica, arte ou poesía en diferentes idiomas.

A súa obra consérvase en coleccións como a da Fundación Mainel (Valencia), Fundación La Caixa (Barcelona), a do Banco Santander, a Paul Sharpe Contemporary Art (Nova York) ou a Colección do Concello de Zamora, entre outras. Así mesmo, expuxo na Fundación Carlos de Amberes (Madrid), no Teatro Real (Madrid), no Instituto Cervantes (Dublín) ou na feira de arte contemporánea ArteBa (Bos Aires).

Tanto en escultura, gravado, traballo en vidro, cerámica ou pintura, a obra de Bozal caracterízase pola súa constante investigación con diferentes técnicas e diferentes estilos, así como pola incorporación de diferentes elementos orgánicos aparentemente alleos á produción plástica convencional. Nas súas composicións, nas que o xénero da paisaxe, xunto á figura humana, ocupa un lugar destacado da súa produción, destacan no resultado final a importancia que lle concede á textura.

A obra Campos de lava, datada en 1999, responde ás características mencionadas. A autora recrea unha vista e como adoita ser habitual nas súas paisaxes é de estilo abstracto. A preparación do soporte e dos pigmentos centra boa parte do traballo que dan como resultado estas composicións onde plasma fragmentos da natureza, neste caso ordenado de forma estratigráfica, xogando coa densidade das distintas materias empregadas. Os brancos, ocres e negro superpóñense en distintas franxas e logran un contraste visual e de texturas, xa que cada banda ten distinta anchura e acabado, mentres que as manchas vermellas que salpican a parte inferior da composición aluden ao título da obra. Son varios os “campos de lava” que realizou Bozal en 2000, incluídos nunha serie titulada Paisaxes minerais, nos que as cinzas, a lava ou o sal protagonizan os títulos destas vistas abstractas e a utilización de brea, encáustica, estopa e liño, estes últimos empregados como soporte, fanse común a todas elas.

Bibliografía

Enlace página web de la artista: http://www.amayabozal.com/wp/

 

Obra

  • CAMPOS DE LAVA

    CAMPOS DE LAVA 1999

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78