CAMPOS DE LAVA
Comentarios
O interese da pintora por cultiva-lo oficio é evidente no seu gusto por prepara-la tea e os pigmentos, manténdose nunha liña máis constructiva que xestual. Nas súas paisaxes latexa a idea da xeografía do horizonte infinito. Aquí plasma un fragmento da natureza ordenado estratigraficamente ata o fondo, onde se perden os límites co ceo. Xoga con zonas lisas e outras densas e en relevo, cunha linguaxe poética e contemplativa que revela as súas inquedanzas dentro do proceso creativo da pintura.