• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ANTONIO QUESADA

Quesada Porto, Antonio

( Ourense, 1/ de junio de 1932 - Vigo, 26 de enero de 2015 )

Biografía

Membro da familia de artistas máis extensa de España, ata o punto de se estudiar no seu conxunto como fenómeno social e artístico posto que pasan de vinte os membros que cultivan algunha faceta plástica. Antonio Quesada iniciouse dende moi neno en diversas tarefas artísticas, aínda que se considera autodidacta. Funcionario do Estado, en 1953 fixa a súa residencia en Zamora, onde toma contacto co pintor Antonio Pedrero e os poetas Claudio Rodríguez e mais con Hilario Tundidor. A peculiar concepción lírica que da paisaxe teñen estes artistas vai influír decisivamente sobre o ourensán, cultivador, moi persoal e case exclusivamente, deste tema plástico. Instala un taller de serigrafía, técnica na que é pioneiro. Non se desvencella da súa cidade natal, onde convive ocasionalmente con Otero Pedrayo, Blanco Amor e Vicente Risco. En 1962 participa nunha colectiva de artistas ourensáns en Madrid que chama a atención da crítica. Con seu irmán Jaime, artista superdotado, e mailo escultor Acisclo Manzano, viaxa por toda Europa e pendura os seus cadros en París e outras numerosas cidades de Europa, ata Estocolmo. De volta en España inicia a etapa norteamericana, con mostras en Indiana, Chicago. En 1966 asenta en Vigo, onde reside desde aquela. Gaña en 1970 o premio "Quiñones de León" por unha paisaxe que abrangue amplas terras dende unha perspectiva aérea, tendencia que vai cubrir unha etapa da súa pintura. Tamén gaña a medalla de prata na Bienal de Pontevedra de 1971 e a de bronce na Trienal de Santiago de 1973. En Coruña adquiren unha paisaxe súa para o Museo da cidade. Segue concorrendo a certames colectivos, sempre con éxito. Gaña o grande premio da Bienal do Taxo, en Toledo, así como o premio especial na Bienal Nacional de Pintura de Zamora. Realiza exposicións en toda Galicia, en Madrid, onde o gaba con entusiasmo o crítico Santiago Amón. Actualmente a obra de Antonio Quesada está representada en tódolos museos de Galicia e noutros moitos de provincias españolas, así como en coleccións institucionais e particulares de España, Europa e América. A paisaxe de Quesada é de raíz intelectual. É unha expresión moito máis sentida ca contemplada cos ollos, é dicir paisaxe verdadeira, posto que a súa natureza son estados da alma, cunha visión lírica de raíz mística. Ás súas amplas perspectivas iniciais sucedéronse visións moito máis elaboradas, con ruptura de profundides, de xeito que as representacións se frontalizan e son coma inscricións nun ambiente idealizado, moi achegado á abstracción absoluta. A materia está elaborada con suma atención e grande mestría. Hai unha estructura tensa, arroupada polo cromatismo, con fortes contrastes, con ocres, verdes e negros. É sen dúbida, o paisaxista máis persoal e importante da pintura galega actual.

Bibliografía

-Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -Pablos, Francisco: Serigrafías de arte. Vigo, 1971. -20 años de arte en Pontevedra. Pontevedra, Diputación provincial, 1989. -Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987. -Gran enciclopedia gallega. Gijón, S. Cañada, Edit., 1974. -Entrevista realizada por F. Franco, publicada en Faro de Vigo o 16/4/1997.

Obra

  • Estructura en rojo

    Estructura en rojo 1993

  • Burgas II

    Burgas II 1975

  • Galerías

    Galerías 1993

  • Paisaje ancestral

    Paisaje ancestral 1972

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78