Nubes y polvo
- INV:
- 3288
- Año de creación:
- 1980
- Dimensiones:
- 40 x 22 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre táboa
Comentarios
O artista posúe a habilidade de alterar e modificar o contorno coa súa mirada transformando a realidade para convertela unicamente en paisaxe que domina a cidade, diminuta e insignificante, afundida baixo a presión atmosférica que a afoga.O núcleo urbano, representado dun xeito minucioso como unha delicada miniatura ou unha exquisita composición flamenca, semella incapaz de soportar o peso gasoso das nubes. Os grises, que parten da superficie, elévanse cara ó infinito no seu ascenso vertical e combínanse cos amarelos describindo ondas e formas envolventes que dificultan o paso da luz solar. A pincelada descorre pola superficie da madeira expandindo unha materia depuradísima, tan delgada que permite que as capas inferiores contribúan a xerar a sensación de po, tornando insalubre o aire.
Os espidos troncos das árbores revelan o desacordo urbe-natureza mentres que as antenas de televisión se alzan triunfais sobre as edificacións aglomeradas como incontestables emblemas da modernidade.