Collage naranja
Comentarios
Sobre un fondo estructurado xeometricamente instálanse elementos alleos á pintura. Estreitas e curtas barriñas de ferro furan unha peza de metacrilato pegada ó soporte seguindo un ritmo ordenado e constructivo. O conxunto protéxese cunha caixa transparente. O enxeño lúdico e intelectual do artista emerxe na montaxe que nos invita a reflexionar sobre o que vemos en profundidade a través dunha superficie transparente que desvirtúa a realidade, ofrecendo unha visión distinta das cousas.Exposiciones
"25 años de arte. 25 años de empresa.Arte gallego para un aniversario". Sede da Confederación de Empresarios da Provincia de Pontevedra. Vigo. Do 29 de outubro ao 27 de novembro de 2002.