Comentarios
Bustamante, nacido en Cuba, de pais santanderinos, chegou a Vigo en 1927 e nesta cidade viviu ata a súa morte. Debido a problemas coa vista deixou de pintar en 1967. Amigo de pintar directamente do natural, plasma unha paisaxe campestre cunha casa ó fondo e un grande arboredo, entre o que destacan as altas copas dos eucaliptos, escuras, sobre un amplo ceo con nubes, nunha atmosfera de luz tenue.
Bibliografía
Gran Enciclopedia Gallega, vol. 4, páx. 92.