Vista de la Albufera de Valencia
- INV:
- 2232
- Año de creación:
- 1849
- Dimensiones:
- 57 x 0 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
Panorámica da albufeira de Valencia cunhas barcas de bonito velame, unhas navegando e outras atracadas. No bordo da auga agrúpanse multitude de figuras, algunhas bailan, outras charlan ou observan a escena. Ó fondo vense barracas, casas e montañas e, por riba, dominándoo todo, un ceo rosado con nubes. As figuras populares, as luces e as cores intégranse na composición cunha gran finura. J. E. Arias Anglés, na revista publicada polo C.S.I.C. en 1986 co núm. 80, estudia a obra "Vista de la Albufera", 55 x 71,5 cm óleo/tea, e fai mención dunha réplica atopada no comercio madrileño realizada polo mesmo pintor en forma de tondo con máis personaxes e unha factura máis lixeira.Exposiciones
"Pintura española del siglo XIX". Museo Santa Cruz de Toledo, do 27 de febreiro ao 24 de marzo de 2004. Casa Zavala de Cuenca, do 30 de marzo ao 25 de abril de 2004.Centro Cultural Caja de Ahorros del Mediterráneo San Prudencio de Talavera de la Reina, do 7 ao 31 de maio de 2004.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.