Comentarios
Pintura e poesía entrelázanse nestas figuras que o artista move como marionetas sobre o papel branco. A súa concepción sintética do debuxo enriquécese co efecto da materia que utiliza, que se carga, aclara ou concentra en determinadas zonas, xogando co xesto. Debuxa con tinta sen facer retoques, ó compás dunha forza interior que é a que decide o trazo e o ritmo dun xeito espontáneo, como ós pintores chineses, valorando o espacio en branco como un vacío cheo de significados.