• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

El remanso

JUAN LUIS

El remanso
INV:
2681
Año de creación:
1970
Dimensiones:
100 x 71 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Imposible de aprehender, a natureza convértese no escenario suxestivo, no obxecto de inspiración, sempre cambiante e xenerosa coma unha musa de múltiples caras, formas e cores.

A vexetación e o seu reflexo na auga é o tema de seducción, o centro de interese do autor que desprega toda a súa sabedoría para atrapar a extraordinaria vitalidade da paisaxe, a sensación de atmosfera, de verdade, nunha obra na que non existe o debuxo previo, traballada directamente do natural, captada in situ nun contorno que describe un ritmo ascendente, vertical, marcado polas árbores que proxectan as súas esveltas siluetas no remanso.

O verde intenso, brillante, da masa arborizada enriquécese con toques rosados e morados creando un ambiente cálido e de verán. Os azuis intuídos entre a espesura amosan un ceo luminoso que se enreda na follaxe permitindo o paso do aire, xerando sensacións de profundidade. A pincelada solta, impresionista, empastada de cor, chega case a rozar a abstraccción no seu desexo de plasmar a frondosidade do bosque, a vivacidade das tonalidades verdosas reproducidas, coma nun espello, na superficie do río que delata a presencia de puntos de luz directa ó combinar matices prateados co branco do lenzo, con espacios baleiros ateigados de significado.

Toda a paz e o silencio do mundo parecen emanar desta visión de soño, deste paraíso cheo de beleza e harmonía.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78