• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

TRÁNSITO

VARI CARAMÉS

TRÁNSITO
INV:
3759
Año de creación:
2003
Dimensiones:
150 x 100 x 0
Técnica:
Color kodak duraflex (5 copias)

Comentarios

A serie de fotografías Tránsito invítanos a un suxestivo paseo polos nosos arredores, persoais e sociais. Non nos sitúa en ningún punto xeográfico nin temporal concreto, lévanos alí onde xa estivemos antes e faino da man de imaxes que suxiren movemento, o paseo mesmo ao que nos invita a imaxe.

Como é característico na obra de Vari Caramés, preséntasenos a vida difuminada, insinuada e consegue encher as escenas dunha espléndida poesía e dunha sutil imaxinación. A composición desta obra encóntrase protagonizada por un cartel publicitario cuxa presenza enfatiza o papel do espectador como vouyer do transcorrer da vida.

Na súa traxectoria artística, Vari Caramés foxe da despersonalización que caracteriza a arte actual, para reflectirse plenamente en toda a súa obra. É a súa mirada a que determina a fotografía e é o seu interese en converter as imaxes en “contedores de evocacións” o que rexe toda a súa actividade. A obra Tránsito é, probablemente, unha das máis emblemáticas da serie coa que comparte nome, na que se fan presentes con xenial mestría as constantes pautas deste persoal construtor de soños.

Exposiciones

Galería Bacelos. Vigo, 2003.
Galería Ana Vilaseco. A Coruña, 2005.
Espazo Colección Caixanova. Exposición Permanente da Colección Caixanova. Xaneiro 2005.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

Reproducciones

Galería Ana Vilaseco. Catálogo da exposición. A Coruña, 2004.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78