VARI CARAMÉS
Caramés Medín, Evaristo
( Ferrol, 1953 )
Biografía
É certo que non só vemos cos ollos do rostro, que á fin son mero vehículo transmisor de imaxes, de sensacións cromáticas e formais, e que cómpre contemplar e analiza-lo mundo coa mirada da alma. Así, cun obxecto á postre mecánico, como é unha cámara fotográfica, quen posúe e agudiza esa segunda mirada consegue perpetua-lo fugaz, o efémero, e facelo perdurable. Vari Carmés merece un lugar destacado neste apartado dos que elixiron tal procedemento para manifesta-la súa sensibilidade. Naceu no Ferrol en 1955. Confesa a súa miopía física, eengade que é un pracer nalgunhas ocasións non ver completamente, posto que esas imaxes un tanto difusas, imprecisas, serán á fin as súas imaxes favoritas. E aínda confesa que o azar e o talento intuitivo son armas imprescindibles para as súas fotografías, nas que hai inevitablemente nha fixación: a ventá. Que, na maioría dos casos, é imaxinaria, porque constitúe un símbolo do mirar, do analizar e observar; de ver, en fin, o mundo ou a vida, como a través de algo inconcreto, como de dentro a fóra e tamén, de fóra a dentro. Comezou a expoñe-los seus traballos na Coruña, onde reside, en 1980, e onde o fixo despois reiteradamente. En 1986 foi invitado a participar no proxecto vigovisións, da segunda edición da Fotobienal, certame hoxe con fama inteenacional, no que seis fotógrafos de diferentes países habían retratar Vigo durante u nha semana, e a consecuencia do que se editou o precioso álbum monopgráfico da súa obra. Máis tarde expuxo en Madrid e Barcelona. Colectivamente, expuxo en diferentes cidades de Galicia e en Madrid, Santander, Lisboa, Braga, Córdoba e Quimper (Francia). Na obra de Caramés hai unha nostalxia acusada, desde a deliberada intemporalidade que imprimen as súas imaxes, nas quejo plástico se impón ó testemuñal, aínda que, á fin rematan sendo emotivos documentos definidores dun lugar, un ambiente, unha situación. Interésalle máis o pormenor, o miúdo, que a totalidade, enfatizando o aparentemente menor, o que semella ser banal, para que adquira categoría protagonista. Transmite ás súas fotos ese clima como romántico da súa mirada vagarizada e, en efecto, moitas veces o motivo está encadrado polo marco dunha ventá, a través da que obriga, digamos, a ver ó espectador dos seus traballos, nos que acostuman estar presentes a néboa, a chuvia, o contraluz, os atardeceres nos que todo se difumina, ou a noite que confunde e poetiza. Porque, á fin, hai neste fotógrafo un poeta; un lírico que se expresa iconicamente, en verso curto, como de cancionciña, que prende e invita a cantaruxala imaxinariamente. O mar, o porto, as estacións de ferrocarril, a rúa, a xente innominada que transitaa, que se detén un momento, son os seus temas constantes. Así, perpetúa o infinitamente pequeno, diriamos glosando a Josep Pla, e ata cabería para a súa obra aquel fermoso título dun libro de William Saroyan: "Como un coitelo, como unha flor, como absolutamente nada no mundo".
Bibliografía
Álbum Vari Caramés. Vigo. Centro de Estudios Fotográficos, 1989.
Vigovisións. 2ª Fotobienal. Vigo, 1986.
Portafolio. Colección de traballos en diversas publicacións. A Coruña, 1990.
VV.AA.: Vari Caramés "Visión Animal". Compostela, Xunta de Galicia, 1996 (con ampla referencia bio- bibliográfica).