A ESPERA
Comentarios
Benedita Kendall gaña o primeiro premio no VI Bienal de Pintura Eixo Atlántico 2004/2005 con esta obra, A Espera, unha composición formada por dous lenzos.
Sobre un fondo gris, con raións desordenados dun gris escuro, case negro, debúxanse un centenar de siluetas de corpos nus femininos e masculinos. Pero hai unha diferenza entre os dous lenzos que forman este díptico; no da dereita, as figuras atópanse ordenadas, dialogan entre elas, forman liñas. Non obstante, á esquerda os corpos están sumidos nun auténtico caos, aínda que indiferentes e alleos os uns aos outros. Estes seres representan sensacións, estados de ánimo que se adiviñan polas posicións que adoptan e que reflicten dúbida, desespero, temor, inquietude..., en contraposición con sosego, esperanza, diálogo... No lenzo da dereita, sobresae unha figura que descansa sobre un fondo máis claro. O seu estado de calma súmeo nun sono relaxante e clarificador que está relacionado coas figuras que ten ás súas costas.