El baño
Comentarios
Mulleres sentadas e de pé, núas e cubertas con panos, baixo os que se asoman parte dos seus corpos, impoñen os seus volumes, modelados con pincelada lisa e espesa que respecta os perfís do debuxo. As luces converxen sobre as teas e as carnacións, realzando as expresións dos seus rostros e subliñando o ritmo ondulante dos pregamentos que discorre dunhas a outras, liberándose na escasa paisaxe que as aglutina.Exposiciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX" do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.
"Exposición Antolóxica de Antón Rivas Briones", do 14 de xullo ó 30 de setembro de 2001 na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.