Sin título

- INV:
- 9098
- Año de creación:
- 1995
- Dimensiones:
- 105 x 123 x 32
- Técnica:
- Fibra de madeira e sapelli
Comentarios
O volume da escultura desenvólvese no sentido horizontal. Dúas formas puntiagudas, de perfís curvilíneos, únense a través dun corpo central de menor altura, aberto cunha xeométrica reixa que permite ve-lo seu interior oco. A escultura, sen pedestal, intégrase no espacio que a circunda sen aparente contido significativo. Aborda o tema do obxecto mobiliario profundizando na interrelación da escultura co deseño, situándose na liña dunha liberalización estilística. Este coqueteo voluntario co deseño mobiliario non é máis ca unha forma de desmitifica-la condición sagrada da arte, propoñendo, como modelo de reactivación estética, o troco entre obxecto de arte e obxectos reais que forman parte da vida cotiá.Exposiciones
"Gaiolas" Ourense 1995; "Foro Atlántico de Arte Contemporánea" Pazo de Congresos, Santiago, do 19 ó 23 de maio de 1995.
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.
"Apeiros do s. XIX. Esculturas ol s. XXI". Sala I Centro Social Caixanova. Vigo. Do 7 de setembro ao16 de outubro de 2005.