Comentarios
A muller leva un pano na cabeza e cóbrese cun manto co que tapa ó neno. Na figura, cortada polo busto, impera a forma dun bloque pechado. É unha figura serena, concentrada no esencial cun xesto contido que non comunica rixidez senón un fresco alento natural. A lisura da superficie xoga cos pregos e engurras así como con dourados e pátinas verdosas que producen xogos de luces e sombras.