O préstamo que se concede é do 75 % da taxación fixada e o importe mínimo é de 50 €, mentres que o máximo é de 3.000 € por día,
poñendo como tope 6.000 €. Dito importe abóase en efectivo sempre e cando non supere os 2.500 €, momento no cal se fará a través
de transferencia bancaria.
O préstamo concédese a un interese do 5 % semestral durante os seis primeiros meses, renovable ata tres anos. A comisión da
taxación realizada e formalización do préstamo, abóase no momento da súa formalización.
As xoias quedarán en depósito ata que o cliente cumpra os seus compromisos de pagamento.