Virxilio Viéitez: Álbum
- Autor(es)
-
SENDÓN, Manuel
SUÁREZ CANAL, Xosé Luis
SENDÓN, Manuel
SUÁREZ CANAL, Xosé Luis
Ás veces pode pensarse que os traballos fotográficos máis interesantes atópanse só nos arquivos dos estudios importantes das cidades, esquecendo inxustamente aos fotógrafos que traballan nas localidades pequenas e que ata con medios máis modestos poden chegar a ter unha obra de excepcional interese. Ese é o caso de Virxilio Vieitez, quen sen dúbida ocupa un lugar destacado na historia da fotografía española. El foi o fotógrafo por excelencia das poboacións e aldeas da comarca de Terra de Montes.
Nos seus retratos, caracterizados pola frontalidade e o estaticismo, chama a atención a capacidade para plasmar a gran expresividade dos retratados. O seu traballo garda un claro paralelismo coa fotografía norteamericana dos corenta e cincuenta que el descoñecía completamente.
Centro de Estudos Fotográficos, Fundación Caixa Galicia
2000
Encadernación en tea con sobrecuberta, 176 páxinas, ilustracións, fotografías en bitón, 16,5 x 22 cm