
Benestar
A incorporación do exercicio á vida diaria ten efectos beneficiosos e unha repercusión directa na calidade de vida a cualquera idade. Realizalo en grupo suma beneficios á práctica, xa que fomenta a socialización e a cooperación entre as persoas participantes.
Para favorecer a práctica de exercicio, proporcionamos propostas variadas que se adaptan aos obxectivos, estado físico e particularidades de cada persoa participante: Ximnasia, actividades aeróbicas, ioga, pilates, danza, expresión corporal, baile latino, de salón ou obradoiros de prevención de caídas, son algunhas das nosas propostas.
-
Talleres de mindfulness, relaxación, prevención de caídas, nos Espazos +60
Consulta dispoñibilidade de prazas e apúntate no teu Espazo +60! -
Talleres de musicoterapia, bailes de salón, baile latino..., nos Espazos +60
Consulta dispoñibilidade de prazas e apúntate no teu Espazo +60! -
Talleres de ximnasia de mantemento e ximnasia doce, nos Espazos +60
Consulta dispoñibilidade de prazas e apúntate no teu Espazo +60!