
O ciclo “Emocións e soidades” enmárcase dentro do traballo conxunto que desde Afundación e Matía Instituto vimos desenvolvendo desde 2017 para xerar recursos que contribúan ao coñecemento e promoción do benestar emocional das persoas +60.
Por unha banda, comprende o taller “Coñecendo as miñas emocións”, codeseñado a través dun innovador proceso con persoas maiores socias dos Espazos +60 de Afundación, que ten como fin axudar a comprender o proceso emocional e promover a aprendizaxe de estratexias sobre como xestionar as nosas emocións na vida cotiá. Doutra banda, abarca diferentes actividades divulgativas para todo tipo de públicos, que pretenden convidar á reflexión sobre as soidades no envellecemento e a imaxe social e estereotipos cara á vellez, ambos os temas, relevantes tanto para as persoas maiores como para a sociedade no seu conxunto.
A soidade é un dos grandes temas de actualidade, tanto desde o punto de vista académico como desde o social. Falamos dun fenómeno que, nos últimos anos, foi adquirindo relevancia e cobrando presenza en medios. Cando falamos da soidade podemos referirnos a realidades moi diversas: a unha situación obxectiva de insuficientes relacións sociais, a persoas que viven en solitario, a quen pasa moito tempo a soas ou aos propios sentimentos de soidade. De todo iso reflexionaremos en “( Re) coñecendo as soidades”.
Doutra banda, o edadismo, a discriminación por razón de idade, estase a naturalizar na nosa sociedade, na que prima o mito da eterna mocidade e de forma xeneralizada percíbese que ser ou facerse maior é negativo. Esta forma de discriminación experimentarémola todos nalgún momento da nosa vida conforme envellecemos. Quen está rompendo cos estereotipos agora mesmo son as propias persoas maiores, que reclaman unha identidade propia, que unha vez que se xubilan non deixan de ser quen son, nin o que foron.
-
Accede ao vídeo da conferencia-coloquio con Mayte Sancho, Sara Marsillas e Daniel Prieto “(Re) coñecendo as soidades” en AfundaciónTV
Falamos en AfundaciónTV de Soidades, en plural, con Mayte Sancho, Sara Marsillas e Daniel Prieto, dentro do ciclo Emocións e Soidades-
Datas:
5 de maio de 2021
-
Horario:
Mércores, 19.00 h.
-
-
Accede ao vídeo da conferencia-coloquio con Elena del Barrio “Desmontando estereotipos sobre a idade e o envellecemento” en AfundaciónTV
Falamos en AfundaciónTV de edadismo: estereotipos, sentimentos e trato discriminatorio cara ás persoas maiores (ou novas) por razón da súa idade, con Elena del Barrio, dentro do ciclo Emocións e Soidades-
Datas:
19 de maio de 2021
-
-
Programa “AFONDANDO NAS EMOCIÓNS”, Espazos +60
Se xa participaches no programa "Coñecendo as emocións", presentámosche unha segunda edición avanzada do programa-
ONDE:
ConsultarPrograma “AFONDANDO NAS EMOCIÓNS”, Espazos +60
-
Datas:
De marzo a maio de 2023
-