Actuacións de música tradicional para escolares

Os grupos de música tradicional dos Espazos +60 Afundación de Lugo e Santiago de Compostela realizan actuacións musicais nas que interpretan repertorio de música tradicional e poñen en valor un dos principais legados da cultura inmaterial de Galicia. Todos eles participan nun obradoiro de música tradicional no que ao longo do ano traballan para manter viva a tradición musical galega en conexión coa memoria e as vivencias persoais das persoas que integran o grupo.
Se che interesa participar como voluntario infórmate no Espazo +60 Santiago ou no Espazo +60 Lugo
Se queres levar a actividade ao teu centro educativo solicitao enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 981 188 343