Conferencia EDUCACIÓN S. XXI CARMEN CABESTANY «Acoso escolar, enfróntao e afróntao», na Coruña
Novas conferencias do ciclo EDUCACIÓN S. XXI na loita contra o acoso escolar no noso país, Carmen Cabestany, na Sede Afundación da Coruña.
ESCOLARES «O ACOSO ESCOLAR: TI ES IMPORTANTE» | 14 NOV 2023 | 11.00 h | Inscríbete aquí
PÚBLICO XERAL «ACOSO ESCOLAR: CANDO O SILENCIO IMPERA» | 14 NOV 2023 | 19.00 h | Inscríbete aquí
Tamén en streaming a través da canle AfundaciónTV.
Profesora e unha das maiores expertas na loita contra o acoso escolar no noso país, acaba de publicar El bullying es cosa de todos, un libro que nos dá as claves para erradicar esta lacra social, á vez que denuncia os erros que se están a cometer.
Esta obra é o resultado dos seus 26 anos de docencia e de 12 máis na directiva da Asociación NACE (No al Acoso Escolar).
Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS impulsado por Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Convidamos todas as persoas que asistan a este evento a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto.
EDUCACIÓN S. XXI preséntase coma un recurso educativo dedicado a familias, profesorado e escolares, co obxectivo de responder a cuestións actuais que preocupan a sociedade en xeral e afectan de maneira directa ao sector educativo: a intelixencia artificial e o futuro profesional, o acoso escolar e a saúde mental, así coma convivir coa excepcionalidade de integrar, dentro do eido educativo e familiar, nenas e nenos con diversidade funcional.
Para iso contamos cun completo programa para escolares e outro para todos os públicos.
MÁIS INFO AQUÍ.