Conferencia EDUCACIÓN S. XXI con JOSÉ LUIS GARCÍA «Educación sexual e consumo de pornografía», en Santiago de Compostela
O ciclo Educación s. XXI trae en decembro unhas charlas necesarias sobre o consumo de pornografía por parte dos nosos adolescentes e mesmo nenos. Estamos ante unha situación que debemos afrontar desde as familias e a comunidade educativa porque entraña importantes consecuencias nas súas relacións afectivas e sexuais, e non só, pode conducir a numerosos trastornos psicolóxicos. O doutor en Psicoloxía e especialista en Sexoloxía José Luis García vénnos falar deste tema con dúas conferencias para escolares e para público xeral, en Santiago de Compostela e Vigo.
ESCOLARES «EDUCACIÓN SEXUAL E CONSUMO DE PORNOGRAFÍA» | 12 DEC 2023 | 11.00 h | Inscríbete aquí | Sede Afundación Santiago de Compostela
(Para escolares de 1º e 2º ESO. Límite de prazas: 50 escolares)
PÚBLICO XERAL «OS TEUS FILLOS VEN PORNO, QUE VAS FACER?» | 12 DEC 2023 | 19.00 h | Inscríbete aquí | Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
PÚBLICO XERAL «OS TEUS FILLOS VEN PORNO, QUE VAS FACER?» | 13 DEC 2023 | 19.00 h | Inscríbete aquí | Sede Afundación Vigo
Segundo diferentes estudos, a maioría de menores en España ‒sobre todo mozos e a idades moi temperás‒ consomen pornografía coa finalidade de excitarse e aprender pautas para as súas relacións sexuais. A adicción ao porno e disfuncións erectivas, poden ser dúas das consecuencias deste consumo. Este tipo de pornografía, ademais, ten unha forte carga de violencia machista, e non cesan os casos de violacións por parte de mozos na actualidade.
Sen información e unha educación sexual transparente, corren o risco de validar como normal aquilo que ven e os excita, levándoo ás súas relacións e impoñendo as prácticas que máis levan visionado. E de novo, as mozas sofren violencia e aprenden un perigoso rol de submisión e inferioridade nas súas relacións.
Nesta conferencia imos falar de todos estes riscos e da necesidade dunha educación sexual profesional e científica, pero non só, tamén da importancia de preguntar e resolver dúbidas coas nosas familias e mesmo co profesorado na aula, para evitar que a pornografía pase dun aparente xogo a destruír a nosa educación sexual e afectiva.
EDUCACIÓN S. XXI preséntase coma un recurso educativo dedicado a familias, profesorado e escolares, co obxectivo de responder a cuestións actuais que preocupan a sociedade en xeral e afectan de maneira directa ao sector educativo: a intelixencia artificial e o futuro profesional, o acoso escolar e a saúde mental, así coma convivir coa excepcionalidade de integrar, dentro do eido educativo e familiar, nenas e nenos con diversidade funcional.
Para iso contamos cun completo programa para escolares e outro para todos os públicos.
MÁIS INFO AQUÍ.