CUBERTOS NADAL 2021

Poñemos en marcha unha nova edición de CUBERTOS NADAL para continuar apoiando a alimentación das familias máis vulnerables, proporcionando menús especiais para os días de Noiteboa e Nadal. Continuamos apoiando aquelas familias con nenos e nenas en idade escolar e en risco de exclusión nas sete principais cidades galegas, e co mesmo formato de edicións anteriores. Damos continuidade así ao labor desenvolvido polo noso voluntariado na entrega dos menús especiais do Nadal cociñados.
Entre os días 22 e 23 de decembro repartiremos máis de 4.000 menús especiais solidarios para uns 2.000 beneficiarios, correspondentes a unhas 480 familias, en colaboración coas ONG Juan Soñador, Cáritas, Movilidad Humana e o Concello de Pontevedra.
Entrega de menús especiais cociñados para familias vulnerables, para gozar os días 24 e 25 de decembro.
As entregas realizaranse con voluntariado en centros de Afundación designados nas sete principais cidades galegas:
- A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense: 22 de decembro
- Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo: 23 de decembro
Máis información AQUÍ!