• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición XULIO GIL. Retrato dun tempo da plástica galega, en Vigo

Cultura Exposicións Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición XULIO GIL. Retrato dun tempo da plástica galega, en Vigo
  • 12-09-2023 11-11-2023 Exposición XULIO GIL. Retrato dun tempo da plástica galega, en Vigo Unha curiosa escolma de retratos feitos polo propio fotógrafo Xulio Gil ao longo de anos, de artistas senlleiros da nosa plástica. Coñece a exposición ata o 11 de novembro Sede Afundación Vigo Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    13 SET a 11 NOV 2023

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS | 17.30 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

Trátase dun proxecto expositivo de homenaxe á plástica galega dende os retratos fotográficos dos artistas, os seus creadores, da man do fotógrafo Xulio Gil. Aproveita para visitala do 13 de setembro ao 11 de novembro na Sede Afundación Vigo.

 

13 SET | ACTO DE INAUGURACIÓN

Inscricións aquí

 

A idea do proxecto tivo o seu berce en 1988 co gallo da exposición “Antropolóxicas”, promovida por Enrique Acuña no Museo de Pontevedra. Con posterioridade, foi continuado a propósito da realización das fotos para a colección Artistas Galegos, dirixida por Antón Pulido, propóndolles facer un retrato de autor ao remate da obra. Dende aquela, Gil foi sumando fotos de artistas cos que coincidiu, na procura de redondear aquela idea auroral. Esta é a base dunha colección que foi xermolando no tempo, e que fica agora rematada, pechando o concepto para a súa exhibición pública.

Mirar para coñecer, e facelo dende as creacións de Xulio Gil, cunha mirada fascinante, que incorpora na visita unha cartela que amosa unha peza artística de cada un dos retratados para a súa contextualización.

A mostra está articulada por 97 retratos fotográficos e dela editarase un coidado catálogo.

 

Artistas retratados

FRANCISCO LEIRO | LAXEIRO | COLMEIRO | CARUNCHO | LEOPOLDO NÓVOA | ISAAC DÍAZ PARDO | ELENA COLMEIRO | XAIME QUESSADA | ANTONIO QUESADA | ANTÓN PULIDO | PURY DEL PALACIO | ELENA GAGO | ÁNXEL HUETE | ANTÓN SOBRAL | MENCHU LAMAS | ROSALÍA PAZÓ | MINGOS TEIXEIRA | DIEGO DE GIRÁLDEZ | YOLANDA CARBAJALES

 

ESCOLARES

Cores en folga | Infantil a 4º Primaria

Unha apócema feiticeira rouboulles as cores aos retratos dos e das artistas galegas, só nenas e nenos poderemos devolvérllelas. Unha viaxe pola arte galega da man dalgúns dos seus rostros máis destacados. Un achegamento ao mundo das cores primarias e as gamas de cor nun obradoiro moi tolo no que crearemos unha obra de arte sostible e con robótica.

Mulleres de rompe, racha, pinta e traballa | Primaria a 1º e 2º ESO

Nesta viaxe trataremos de coñecer as mulleres que fixeron historia na arte galega. Nesta ocasión, a escolma elixida para coñecer a nosa arte será exclusivamente feminina. É hora de poñer o foco nas mulleres. Mulleres de rompe e racha que, abrindo camiños, conseguiron destacar e formar parte, por dereito propio, da nosa historia.

E no obradoiro, dúas opcións a elixir: robótica e programación ao servizo da arte ou instalacións artísticas sostibles.

Máis actividades para ESCOLARES AQUÍ

 

Exposición producida pola Xunta de Galicia.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078