Exposición HELLBOY Y GOYA POR STEPHANE LEVALLOIS. Una reflexión sobre la iconografía de lo monstruoso. Pamplona
Do 1 ao 30 de setembro ten lugar o XIII Salón do Cómic de Navarra, no Palacio do Condestable de Pamplona, onde nesta edición estaremos cunha exposición: Hellboy y Goya por Stephane Levallois. Una reflexión sobre la iconografía de lo monstruoso.
Nela poden verse debuxos en papel e dous óleos de grandes dimensións, que non foron expostos antes en ningunha outra exposición.
ASIER MENSURO | comisario
STEPHANE LEVALLOIS, o gran creador de monstros do cinema de Hollywood do século XXI, reflexiona sobre o universo fantástico e monstroso de Goya, e ademais faino utilizando un dos monstros máis populares do cinema e o cómic do século XXI, Hellboy. A xeito de complemento inclúese na expo unha escolma de monstros deseñados por Levallois para Hollywood (Alien, Harry Potter, Marvel, Piratas do Caribe, etc.).
Deseñador de monstros para películas como Alien, King Kong, Parque Xurásico, X-men ou Harry Potter, Stéphane Levallois colabora habitualmente con algúns dos mellores cineastas da actualidade coma Ridley Scott ou Bryan Singer. Ademais, é autor do cómic que editou o Museo do Louvre co gallo da súa grande exposición sobre Leonardo da Vinci.
Decontado, máis información.
Colabora o Ayuntamiento de Pamplona.