PLANCTON Actividade formativa sobre sostibilidade económica en materia pesqueira e acuícola. Cariño
Actividade formativa dirixida a redeiras, mariscadoras, pescantinas e outras traballadoras e traballadores do sector pesqueiro, co obxectivo de poñer á súa disposición toda unha serie de coñecementos financeiros que lles permitan abordar a súa actividade económica desde o punto de vista da sustentabilidade.
Carlota Sánchez-Montaña Puga, profesora de IESIDE, imparte a sesión na Casa da Cultura do concello de Cariño. No transcurso da formación, dunha maneira práctica e efectiva, abordaranse temas relacionados cun mellor control das finanzas e a elección dos produtos financeiros, na medida en que maioritariamente o perfil de asistentes son profesionais dadas de alta como autónomas no Réxime Especial do Mar.
PROGRAMA
Xestión e planificación das finanzas
- Elección de produtos financeiros
- Resolución de dúbidas e preguntas por parte das/os asistentes
Dentro do proxecto PLANCTON de Afundación e poñendo de manifesto a relevancia da educación financeira nos colectivos profesionais do sector primario, fixámonos o obxectivo de poñer ao dispor dos profesionais da pesca coñecementos financeiros que lles permitan tomar decisións acertadas no día a día e mellorar a sustentabilidade das súas actividades económicas.
En base a este obxectivo puxéronse en marcha unha serie de xornadas formativas como a celebrada en Malpica o pasado 15 de xullo.
O Plan de conservación territorial- ON (PLANCTON) é un plan multidisciplinar co obxectivo principal de fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas realizadas na área de influencia das ZEPA mariñas de Galicia, Rede Natura 2000 de ámbito mariño competencia do Estado, tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores sociais, especialmente no pesqueiro.
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP, e é complementario ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.