Programa SAÚDE SOCIAL contra o acoso escolar en AfundaciónTV
Co ciclo Educación s. XXI dedicamos este mes de marzo á Saúde social contra o acoso escolar. Unha conferencia en liña co ex-xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, presentada pola psicóloga Belén Colomina, e dous encontros tamén online para alumnado co propio Zubizarreta son as actividades programadas coas que dotar de ferramentas familias e docencia sobre como abordar o acoso escolar, ofrecendo dous prismas: o do acosador, a través da terapeuta, e o do acosado.
Non perdas estes encontros tan necesarios en AfundaciónTV.
4 MAR | Conferencia "Historia de vida. Historia de superación" | Iñaki Zubizarreta | 19.00 h | APÚNTATE
11 MAR | Charla para alumnado | 11.00 h
18 MAR | Taller para alumnado | 11.00 h
MÁIS INFO e INSCRICIÓNS para centros educativos a través de [email protected] ou chamando ao 698 178 239.
Entendemos como saúde social aquela en que un individuo se relaciona de maneira satisfactoria co contexto que o rodea. Pero… que sucede cando as persoas se enfrontan a un contexto hostil? E aínda máis importante, como actuar cando a contorna que rodea esa hostilidade é incapaz de protexernos?
O acoso escolar é unha das secuelas máis tóxicas ás que se enfrontan día a día familias, centros escolares e sociedade en xeral. Froito do acoso, o sufrimento individual e social é demasiado importante como para non realizar unha reflexión común. Poñer medios e remedios ao bullying é tarefa de todas e todos, por iso, no mes de marzo enfrontarémonos á análise deste fenómeno tan doloroso e crecente, da man de Iñaki Zubizarreta e Belén Colomina.
Fronte a fronte, unha vítima do acoso e unha psicóloga especialista en tratar con perfís de acosadores, debullarán como abordar e actuar perante este tipo de situacións.
CONFERENCIA "Historia de vida. Historia de superación"
Iñaki Zubizarreta, deportista profesional (ex-xogador da ACB) e campión da Copa do Rei 1998 co Pamesa Valencia, narraranos o que tivo que loitar dentro pero, sobre todo, fóra da cancha. E de como para chegar ata aí, na súa adolescencia, debeu encarar o monstro do Bullying que a punto estivo de arrebatarlle a ilusión, a esperanza e a vida...
Esta é a Historia da súa vida, esta é unha Historia de superación porque, pase o que pase, sempre hai unha saída. SEMPRE.
Presenta Belén Colomina
"Desde hai máis de 15 anos, o meu traballo estivo dedicado á psicoloxía e á psicoterapia individual e grupal. Traballei en proxectos con mozos en risco de exclusión social, con medidas xudiciais, en proxectos de inserción así como na formación para profesionais e familias de adolescentes.
O meu traballo e dedicación á psicoloxía é o mellor aval dos diferentes libros e manuais que escribín.
Non podería resumir o que fago sen concretalo na miña crenza de que un mundo mellor é posible. A miña aposta polos mozos, polo seu san desenvolvemento psicolóxico e polo acompañamento e psicoeducación ás familias, é o eixo central que sustenta a miña paixón pola psicoloxía, pola psicoterapia e por facilitar procesos saudables de crecemento."
ENCONTROS ESCOLARES ONLINE "En pé de guerra contra o acoso" con Iñaki Zubizarreta
Afundación TV
De 5º de primaria ata 4º de ESO
DÚAS SESIÓNS:
- 11 MAR | Charla para o alumnado, na que o exbaloncestista profesional contará a súa experiencia co obxectivo de axudar os centros escolares a realizar unha reflexión sobre o acoso escolar. Como despedida, deixará aberta a porta do debate un encontro que se celebrará unha semana despois.
- 18 MAR | Taller activo no que Iñaki responde e escoita. Os centros escolares, en base ao encontro anterior do día 11, expoñerán as súas propostas, dúbidas e preguntas.