Sétima e oitava etapa do Camiño Inglés, desde A Coruña a Bruma, Espazo +60 Vigo
Rematado o percorrido desde Ferrol a Bruma, o 6 de febreiro comezamos o Camiño de Santiago Inglés nas etapas que van desde A Coruña ata Bruma.
Desde A Coruña a Casa Avelina (lugar onde puxemos os últimos selos das etapas anteriores) hai uns 30 km que imos dividir en dúas etapas, ambas de dificultade técnica sinxela. A primeira será un pouco máis curta, xa que temos máis percorrido de autobús e aproveitaremos para poder estar un tempo de paseo pola fermosa cidade da Coruña antes de iniciar o Camiño.
Polo tanto, agradámosvos:
- Luns 6 FEBREIRO.- IGREXA DE SANTIAGO (A CORUÑA) – SIGRÁS 13,5 KM
- Luns 27 FEBREIRO.- SIGRÁS – AS TRAVESAS (CASA AVELINA) 16,5 KM
Prezo de cada etapa:
Adultos: 20 € (inclúe autobús, guía e seguro)
Nenos ata 18 anos: 3 €
Prazas limitadas. É preciso anotarse no Espazo+60 Afundación Vigo antes das 13.30 horas do venres anterior a cada unha das saídas.
Se tes algunha consulta, podes contactar con nós no 986 223 337/ 986 120 071 ou por correo electrónico [email protected]