Obradoiro de monicreques interxeracional
O grupo de guiñol "A Tarara" do Espazo +60 Afundación de A Coruña programa diferentes actuacións dos seus monicreques para o público infantil. Desde os seus inicios en 1993 os integrantes voluntarios do grupo fabrican os seus propios bonecos e todo o seu atrezzo de forma artesanal. No seu repertorio incorporan contos tradicionais e a interpretación de cancións infantís e tamén zarzuelas e musicais para adultos; levan o seu programa de animación ás escolas infantís e colexios.
Se che interesa participar como voluntario infórmate no Espazo +60 A Coruña.
Se queres levar a actividade ao teu centro educativo infórmate no Espazo +60 A Coruña ou solicítaa enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 981 188 343