TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA Afundación. XAN - MAI 2025, en Vigo
Xa está aquí a nova TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA AFUNDACIÓN 2025 que oferta unha intensa programación concertística para a tempada de xaneiro a maio de 2025. O Teatro Afundación de Vigo acolle todos os destacados recitais da man das reputadas orquestras galegas, a Real Filharmonía de Galicia e mais a Orquestra Sinfónica de Galicia, canda outras bandas de prestixio, e sempre acompañadas de nomes de primeiro nivel nos solos e direccións. A seguir, detallamos todos os datos de interese para que poidas desfrutar do programa un ano máis e a prezos axustados.
Programa enmarcado en CULTURA POR ALIMENTOS.
RENOVACIÓN DE ABONOS
Se te abonaches á última tempada, agora podes renovar o teu abono e reservar as mesmas butacas, de xeito online ou fisicamente:
ONLINE | 11 a 17 NOV (a través da ligazón que recibirás no teu correo-e)
BILLETEIRA Teatro Afundación Vigo | 18 NOV | 11.00 a 14.00 e 17.00 a 19.00 h
VENDA XERAL DE ABONOS
ONLINE | 19 NOV a 29 DEC | MERCA O TEU ABONO (www.ataquilla.com)
VENDA DE ENTRADAS SEN ABONO
ONLINE (www.ataquilla.com) ou en BILLETEIRA (Sede Afundación Vigo) a partir do 30 DEC.
Máis información no 986 12 00 78
CONCERTOS
Xoves, 9 XAN | R.F.G.
Xoves, 13 FEB | O.S.G
Mércores, 19 FEB | R.F.G
Venres, 11 ABR | R.F.G
Xoves, 15 MAI | R.F.G
Luns, 19 MAI | HAMBURGER ELBPHILHARMINISCHES SEXTETT
Esta tempada enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, un programa en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.
Convidámosvos a todas as persoas que asistades ás funcións a colaborardes con esta campaña solidaria, dando produtos non perecedoiros que poderedes depositar á entrada do teatro.