• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • UIE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

«Oficios entre lusco e fusco». Verín

Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
«Oficios entre lusco e fusco». Verín
  • 19-01-2017 11-02-2017 «Oficios entre lusco e fusco». Verín 2017 CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    19 de xaneiro a 11 de febreiro de 2017.

  • Horario:

    Luns a venres de 17.00 a 21.00 h.

    Sábados de 10.00 a 14.00 e 17.00 a 20.30 h.

    Domingos e festivos pechado.

«Oficios entre lusco e fusco» é unha mostra organizada por Afundación e ABANCA, en colaboración co Concello de Verín, coa que afondar no mundo dos oficios tradicionais galegos, a piques de desaparecer. O fotógrafo Xosé Abad é o autor das imaxes que conforman a exposición, coas que amosa a súa perspectiva sobre a desaparición destes xeitos de vida. Podes visitala na sala de exposicións do concello, en Verín, ata o 11 de febreiro.

 

No actual contexto de crise, Xosé Abad interrógase sobre o desenvolvemento de determinados valores ata hai pouco indiscutibles: a calidade dos traballos, a súa realización con mestría e dedicación e a experiencia, un legado que parece lóxico transmitir ás xeracións futuras. Constatando que estas apreciacións están en franco retroceso, o autor detense a retratar un cambio social auspiciado polo crecemento do consumismo. En moitos casos, a mecanización dos traballos mellorou as condicións laborais dos oficiantes, mais tamén implicou a desaparición do seu xeito de produción, cambiado pola cadea de montaxe e pola deslocalización a países sen regularización de dereitos e con salarios moi baixos. O traballo «ben feito», o trato humano, a orixinalidade de cada peza, por seren valores en desuso, pasaron a ser, paradoxalmente, distintivos de luxo ao alcance de moi poucas persoas. Así pois, os oficios tradicionais están en vías de extinción nos países desenvolvidos. Quizais neste intre esteamos a vivir os derradeiros momentos da coexistencia entre dous xeitos de produción ben diferenciados, e por iso é importante documentalos.  

 

As imaxes de «Entre lusco e fusco» simbolizan a decadencia dos oficios a través dun esquema de iluminación inspirado no atardecer, seguindo o esquema baseado en Caravaggio. Os claroscuros suxiren espazos e ferramentas, quedando ben definido o contexto en que se desenvolven os traballos e, asemade, documentada a presenza dos dignos representantes do seu gremio neses universos onde tantas veces se funden o privado e o laboral. O espectador é partícipe da atmosfera en que se levan a cabo eses oficios, redescubríndoos na medida da súa importancia e ocupándoos tamén con certa bagaxe afectiva.

 

Xosé Abad, nado en Figueres (1956), iniciou a súa andaina profesional como fotoxornalista en diversos medios de comunicación na década dos oitenta. A súa obra expúxose en diversas localidades galegas e en diferentes museos e institucións estatais e internacionais, recibindo diferentes premios polo seu traballo e traxectoria. Así mesmo, o artista colaborou en proxectos de diferentes ONG galegas e latinoamericanas. Desde o seu estudio realiza traballos de fotografía industrial e publicitaria, moda ou retrato. Como fotógrafo foi galardoado no I Certame de Creación Fotográfica Luis Ksado ou co Premio Pardela de Comunicación á traxectoria profesional, entregado polo Club de Amigos da UNESCO. Na súa actividade cinematográfica dirixiu varios documentais premiados en diferentes certames, sendo os máis actuais Isaac, O segredo da Frouxeira e A pegada dos avós.

 

María Patiño - Cesteira:

«Co primeiro que aforrei, meu pai mandoume mercar un cuxo».

Con máis de 80 anos, María segue hoxe a aceptar traballos e ofrecendo as súas cestas nas feiras para uso doméstico. Os seus descendentes xa non se dedicarán a este oficio.

 

José Vilas  «Pucho» - Tipógrafo:

Entendido coma o oficiante que colocaba os tipos de chumbo para a súa correcta impresión con tinta, no obradoiro de Pucho, a vella Heidelberg segue a funcionar, de momento.

 

A presente mostra encádrase dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, unha aposta de Afundación por espallar cultura por diferentes vilas de Galicia, construíndo unha rede de calidade que leve coñecemento alén dos seus edificios nas urbes. As iniciativas que van conformar este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia. Buscamos apoiar a sociedade galega nas necesidades do século XXI desde a máxima do traballo ben feito. 

 

Horarios

Luns a venres de 17.30 a 21.30 h.

Sábados de 10.00 a 14.00 e 17.00 a 20.30 h.

Domingos e festivos pechado.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • UIE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078