Neste emblemático edificio, o Café Moderno, afacían reunirse algúns dos intelectuais máis senlleiros do galeguismo histórico. Castelao, Bóveda ou Cabanillas, por citar só algúns, eran asiduos. A pesar de que estes faladoiros xa pertencen a outra época, o edificio aínda alberga un encantador café e conserva interesantes pinturas, obra de destacados artistas galegos da primeira metade do século XX, como Monteserín, Pintos Fonseca, Carlos Sobrino ou Laxeiro.
A última rehabilitación do edificio foi dirixida polo arquitecto portugués Álvaro Siza. O noso obxectivo final da reforma era a adecuación dos espazos ás necesidades actuais, pero respectando ao máximo o seu espírito orixinal e a calidade dos materiais. Detalles como os espellos e as lámpadas orixinais, os piares de ferro, o vestíbulo da entrada e a espectacular escaleira que dá acceso a todo o edificio, convérteno nunha singular construción da que os pontevedreses se senten especialmente orgullosos.
Accesos
Estación de autobuses: Av. da Estación s/n. Máis información da estación de autobuses de Pontevedra.
Estación de trens: Av. da Estación s/n. Máis información da estación de trens de Pontevedra.
Aeroporto: a 36 km de distancia. Máis información do aeroporto de Peinador.
Información e reservas
Se che interesan os nosos espazos, ou se tes algunha dúbida, podes contactarnos no 986 120 082 ou en [email protected]
Espazos e Salas disponibles
Horarios
LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 h
SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h
DOMINGOS e FESTIVOS | pechado
Máis información en [email protected]
Localización
Ver mapa más grande
Contacto