• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Centros

Naturnova, Centro Interactivo de Educación Ambiental

Naturnova, Centro Interactivo de Educación Ambiental
  • Enderezo: Velázquez Moreno 18-20 , Vigo . 36202 , Pontevedra España
  • Información e reservas 986 120 088 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
Axenda

Desde o ano 2003, en Naturnova, o Centro interactivo de Educación Ambiental de Afundación, situado en Vigo, achegamos á cidadanía o coñecemento do medio ambiente e as curiosidades da natureza de forma lúdica, dinámica e participativa.


Cando visites Naturnova poderás explorar o universo, o noso planeta, o ser humano e o seu medio dunha forma activa a través de módulos interactivos e didácticos: xogos de computador, imaxes virtuais, obxectos, cheiros, recreación de ambientes, mapas...

O obxectivo do centro Naturnova é facerte reflexionar sobre cal é o noso papel na conservación e mellora da nosa contorna e a importancia de evitar a súa degradación, analizando os problemas do noso planeta e fomentando a implicación da cidadanía na procura de solucións.

Goza da visita virtual.

 

Agora podes acceder ao centro NATURNOVA colaborando co noso programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa solidaria a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) a través da que poderás doar alimentos non perecedoiros, depositándoos á entrada do edificio. 

Entra aquí e infórmate.

 

Máis información en naturnova.afundacion.org

  • Características
  • Servizos
  • Horarios
  • Localización
  • Contacto

Características

O centro Naturnova está formado por 3 salas distribuídas noutros tantos niveis: O Universo, O noso Planeta e O Ser Humano e o seu Medio.

  • O Universo: Comezamos o percorrido cunha visión do Universo, a nosa Galaxia e o Sistema Solar para coñecermos a posición dos planetas nunha data determinada, descubrirmos onde nacen as estrelas ou crearmos un planeta habitable.
  • O Planeta: Centramos a segunda sala no planeta en que vivimos, facendo referencia aos distintos medios que sustentan a vida —solo, auga e aire—  e aos seres que os habitan. Aquí poderás crear un tornado, comprobar como sería a Terra se nela non existise auga, localizar rochas nun mapa de Galicia e ver as relacións que establecen os seres vivos entre si e co medio, ademais poderás gozar de Galicia desde unha nueva perspectiva.
  • O Ser Humano e o seu Medio: Dedicamos o último espazo expositivo á relación que o ser humano ten co medio que lle rodea. Poderás facer funcionar un tren con enerxía solar e descubrir diferentes cheiros de contaminacións. Tamén poderás comprobar o que sucede cando agredimos ao medio, así como ver as medidas que se poden aplicar para evitar a súa degradación, como a recollida selectiva de residuos.


Consta de 40 módulos interactivos que che permiten encontrar respostas para as dúbidas e cuestións que estes suscitan. Cada un deles ten un cartel explicativo do contido e, cando é necesario, uns carteis coas instrucións de uso.

Os computadores manéxanse mediante un rato de bóla que se usa para seleccionar a opción desexada e un pulsador que confirma a nosa elección. Os botóns serven para escoller directamente o que queremos ver.

Servizos

Visitas para escolares con reserva previa

 

RESERVA DE PRAZAS

Todos os centros educativos poden solicitarnos ou reservar unha visita a Naturnova por calquera destas vías:

  • Internet: enche os datos a través da ligazón escolares.afundacion.org, selecciona día e hora e marca Reservar. A túa petición quedará confirmada automaticamente.
  • Correo electrónico: enche os datos do documento INSCRICIÓN, gárdao e envíanolo como arquivo en anexo por correo-e a: naturnova@afundacion.org
  • Fax: cubre os datos no documento INSCRICIÓN, imprímeo e envíanolo por fax ao número 986 120 099.
  • Correo postal: completa os datos do documento INSCRICIÓN, imprímeo e envíanolo por correo ao seguinte enderezo: Naturnova. Centro Social Afundación (Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo- Pontevedra)
  • Teléfono: chámanos a algún dos seguintes teléfonos 986 120 088 ou 986 120 089 e déixanos un número de teléfono de contacto e o teu nome.
CONDICIÓNS DE RESERVA

Para reservares praza a través da aplicación escolares.afundacion.org terás que cubrir todos os campos do formulario e ter en conta o seguinte:

  • Debes indicarnos en observacións o nome da actividade que solicitas, se non, consideraremos que é unha visita interactiva
  • Ten presente os requisitos de cada actividade indicados no programa de actividades
  • Cada centro poderá reservar para tantos grupos como desexe

Para calquera dúbida, ou se desexas outras datas ou horarios distintos dos que aparecen na aplicación, podes chamarnos aos teléfonos: 986 120 088 e 986 120 089, ou contactar connosco no correo-e  indicando o nome e número de teléfono dunha persoa de contacto.


VISITA INTERACTIVA


Visita xeral para gozar de forma interactiva por todas as salas de Naturnova e submarino, cunha breve presentación inicial. Esta visita apóiase con material didáctico de procura de información para escolares de terceiro ciclo de primaria e secundaria. Facilitamos este material en Naturnova aínda que tamén o podes descargar na web.

  •     Dirixido a: escolares a partires de 1º de primaria, secundaria, bacharelato e universidade
  •     Duración da visita: 90 minutos
  •     Número de asistentes por grupo: máximo 60 e mínimo 10
  •     Prezo: 1 € por escolar
  •     Período de reserva: durante todo o curso académico

Material didáctico: fichas didácticas de 3º a 6º primaria e ESO, que podes consultar e descargar aquí.

Horarios

INVERNO. 1 de outubro a 30 de xuño

Sábados de 17.30 a 20.30 h, entrada libre para público xeral

Martes a venres visitas para centros educativos e outros grupos, previa reserva no 986 120 088

Luns, domingos e festivos, pechado

HORARIO ESPECIAL SEMANA SANTA | 11, 12, 13 ABR | 17.30 a 20.30 h (sábado 16 ABR, pechado)

Ademais, de maneira especial esta Semana Santa, poderás acceder ao centro a cambio de colaborar co noso programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa solidaria a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Traéndonos algún alimento non perecedoiro poderás entrar. 

Entra aquí e infórmate.

 

VERÁN. 1 de xullo a 30 de setembro

Luns a venres, de mañá, visitas para grupos (mínimo 15), previa reserva no 986 120 088

Sábados, domingos e festivos, pechado

 

Localización


Ver mapa más grande

Contacto

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078