IESIDE. Escuela de negocios

IESIDE

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) é un programa de Afundación, a obra social de ABANCA, creado en 1987 cuxa misión é a de ofrecer educación superior de calidade baseada na excelencia e contribuír á mellora da competitividade das empresas de Galicia e noroeste peninsular.

IESIDE conta na actualidade cun campus na cidade de Vigo no que se imparte, como centro adscrito á Universidade de Vigo, un grao en Administración e Dirección de Empresas. Con todo, non admite novos estudantes xa que cesará a súa actividade cando se cumpran os compromisos adquiridos no convenio de desadscripción subscrito coa Universidade de Vigo, que prevé que o último curso no que se imparta docencia será o 2024/2025.